Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Nota informativa II (medidas crise coronavirus)

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

18/03/2020

Nova: Nota informativa II (medidas crise coronavirus)

Ante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 iremos dando traslado de toda a información que consideramos máis relevante para o noso colectivo. Neste sentido o Consello Xeral ha elaborado un resumo dos aspectos máis significativos e novos en relación coas medidas adoptas polo Goberno, sobre os seguintes aspectos:

  • Ámbito fiscal: aclaración sobre os adiamentos de pagos e sobre cales son os prazos que se modifican e cales permanecen inalterados.
  • Ámbito laboral: información sobre ERTE's e medidas de protección aos traballadores.
  • Ámbito financeiro: moratoria de débeda hipotecaria, interrupción de prazo para devolución de produtos, avais para empresas e autónomos, etc.
  • Ámbito mercantil: modificación das condicións de celebración dos órganos de administración, modificación dos prazos de formulación, aprobación e depósito de contas anuais, suspensión de prazos estatutarios derivados dunha causa legal de disolución, suspensión do dereito de separación de socio.
  • Ámbito concursal: moratoria.

 

Pica aquí para acceder ao contido íntegro do documento.

Desde o Consello que se está traballando de forma específica na análise das medidas que afectan os traballadores autónomos, do que trasladaremos a oportuna información.

Ademais, con respecto ao ámbito laboral, a TGSS publicou esta mañá o Boletín REDE nº 4 con aclaracións sobre o procedemento de suspensión de contratos e en relación coa xestión de partes de IT.

Desde o noso colectivo seguimos traballando, non só para facilitar a información necesaria, senón para elevar ante as correspondentes autoridades administrativas PROPOSTAS de urxencia de carácter económico que poderían axudar a manter a normal actividade de profesionais e empresas.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade