Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Acordos da Xunta de Goberno: adiamento da Xunta Xeral e do cobro de cotas

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

18/03/2020

Nova: Acordos da Xunta de Goberno: adiamento da Xunta Xeral e do cobro de cotas

Á vista do disposto no Real Decreto de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e asumindo o cumprimento da nosa responsabilidade, a Xunta de Goberno do Colexio de Economistas da Coruña adoptou no día de onte, 17 de marzo, os seguintes acordos:

  • Aprazar a convocatoria de Xunta Xeral ordinaria de colexiados, estatutariamente fixada para o primeiro trimestre do ano, que será realizada en canto a normalización da situación así o permita.
  • Aprazar o cobro das cotas do segundo trimestre, que se devengarán o 1 de abril, ata nova data que se determinará en función da evolución da situación e sempre tendo en conta os seguintes devengos trimestrais para evitar solapamientos. Coa debida antelación comunicaranse os correspondentes prazos.


Lembrámosvos que desde o Colexio estamos á vosa disposición a través das nosas canles on-line -web, redes sociais e correo electrónico- e que estamos a traballar, en coordinación co Consello Xeral de Economistas, para tratar de prestar a máxima axuda posible ao noso colectivo.

Facilitarémosvos  toda a información que poida resultar de interese en relación co exercicio da nosa profesión, así como con outras medidas de apoio que podamos adoptar.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade