Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

SEGUIMOS ONLINE

Fonte: Consello Galego de Economistas

16/03/2020

Nova: SEGUIMOS ONLINE

 

Dadas as circunstancias actuais, e cumprindo coa nosa responsabilidade, tomamos a decisión de pechar as instalacións do Consello Galego e habilitamos os medios para que o noso persoal poida traballar desde casa.

Deste xeito manteremos todos os nosos servizos, excepto a formación presencial, e estaremos á vosa disposición a través das nosas canles on-line: web, redes sociais e correo electrónico. No caso de que necesitedes contactar telefonicamente podedes deixar unha mensaxe no teléfono do Consello (981154325 I 609203374) ou ben escribirnos a consellogalego@economistas.org,  e contactaremos convosco o máis axiña posible.

Quero aproveitar para facervos chegar, no meu nome e en de todos os membros da Xunta Directiva,  a nosa solidariedade e apelar ao compromiso e responsabilidade de todos nós para superar do mellor modo posible e canto antes estes complicados momentos.

Moito ánimo e un forte abrazo,

Miguel A. Vázquez Taín
Decano-Presidente

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade