Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Xa é posible darse de alta no no REC] como persoa xurídica

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

03/04/2018

Nova: Xa é posible darse de alta no no REC] como persoa xurídica

Desde o Rexistro de Expertos Contables - REC] infórmase que xa está habilitada a inscrición no mesmo para as persoas xurídicas. O REC ten por obxecto potenciar as funcións do Experto Contable e axudar a configurar un modelo de recoñecemento desta actividade no noso país.

A inscrición será gratuíta para sociedades nas que o membro que sexa experto contable inscrito no REC] sexa membro do Consello Xeral de Economistas de España (CGE) ou do Instituto de Censores Xurados de Contas de España ( ICJCE), e para sociedades que previamente sexan membro do CGE ou do ICJCE. O resto de sociedades terá que abonar unha cota de inscrición de 300â.

A inscrición da sociedade no REC] é unha boa iniciativa xa que permite, sen custo algún para os membros do CGE e do ICJCE,  incluír nos documentos que se considere oportuno o distintivo âAsina RECâ, similar ao que empregan na maioría dos países da nosa contorna as firmas de consultoría financeira de máis prestixio.

Poderán inscribirse no REC] as persoas xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

· O seu obxecto social incluirá entre as actividades da entidade o asesoramento contable, financeiro e/ou fiscal, ou a auditoría de contas. Neste último caso, a sociedade deberá pertencer ao ROAC.

· Polo menos un dos socios, directivo ou similar, con vinculación permanente coa sociedade será Experto Contable, inscrito no REC]. Enténdese por vinculación permanente unha relación de socio ou partícipe ou relación laboral. Tamén poderá entenderse como permanente calquera outra relación mercantil ou contractual que teña tal carácter, sempre que sexa demostrable. O cumprimento deste requisito por unha sociedade inscribible no REC] estenderase ás sociedades vinculadas á anterior que operen cunha mesma marca comercial.

· As sociedades que soliciten a súa inscrición no REC] comprometeranse, mediante firma expresa do seu representante legal, a subscribir e cumprir o regulamento e o código deontolóxico do Rexistro, así como ao abono das cotas correspondentes.

· Aprobación da inscrición por parte do Consello Directivo do REC].

 

Para calquera dúbida ou consulta, no teléfono 91 432 26 70 ou no e-mail rec@economistas.es.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade