Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Celebrada o I Xornada de Auditoría do Sector Público en Galicia

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

02/04/2018

Nova: Celebrada o I Xornada de Auditoría do Sector Público en Galicia

O pasado 9 de marzo celebrouse -rexistrando un notable éxito- o I Xornada de Auditoría do Sector Público, organizada polo Colexio de Economistas da Coruña xunto con FIASEP, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Rexistro de Auditores de Contas do Consello Xeral (REA-CGE).

Douscentos cincuenta funcionarios (interventores e tesoureiros da administración autonómica e local) e profesionais do sector da auditoría déronse cita na sede compostelá da EGAP, nunha xornada celebrada nun escenario no que se produciron importantes novidades normativas que afectan o ámbito no que as administracións públicas desenvolven a súa actividade, de maneira especial na súa interrelación co sector privado.

Deste xeito, abordáronse os aspectos máis relevantes da da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público -que entrou en vigor precisamente o mesmo día da celebración desta xornada- e coa que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas europeas en materia de contratación pública, e por outra banda,  levou a cabo un estudo da regulación do  control interno das entidades do sector público local, que establece o Real Decreto 242/2017, publicado o 28 de abril de 2017, que persegue un control financeiro-orzamentario máis rigoroso e dá entrada ás auditorías públicas.

Interviñeron para iso como relatores, José María Santacana Gómez, Interventor Delegado do Ministerio de Fomento, e Marta Bausá Crespo, Vice-Interventora do Concello de Jerez de la Frontera, que estiveron moderados, respectivamente, por José Antonio López Alvarez, membro do Consello Directivo  e do Comité de Auditoría do Sector Público  do REA, e por José Antonio Rueda de Valenzuela, Presidente do Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local da Coruña.

A Xornada contou coa participación da Interventora Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, Almudena Chacón, para o acto de apertura, acompañada pola Directora Xeral da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, o Presidente de FIASEP, Miguel Anxo Cabezas de Herrera, e o Decano do Colexio de Economistas da Coruña, Miguel A. Vázquez Taín.

O peche estivo a cargo Begoña Villaverde Conselleira da área de Entidades locais do Consello de Contas de Galicia -entidade encargada de fiscalizar a xestión pública dentro da Comunidade Autónoma-, a quen acompañaron na mesa José Canalejas, membro do  Comité de Auditoría do  Sector Público do REA e director da Xornada e Salustiano Veo Sabín, membro do Consello Directivo e Coordinador do Comité de Desenvolvemento e Práctica Profesional do REA.

É esta a primeira edición duns encontros aos que o noso Colexio pretende dar continuidade e consolidar, para facilitar o acceso dos auditores privados a unha  área de actividade que se considera do máximo interese.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade