Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

ADIAMENTO ACTIVIDADES FORMATIVAS

Fonte: Consello Galego de Economistas

13/03/2020

Nova: ADIAMENTO ACTIVIDADES FORMATIVAS

Comunicámosvos que, á vista dos acontecementos recentes e das recomendacións efectuadas tanto desde o Goberno Central como desde a Xunta de Galicia en relación co coronavirus (COVID-19), decidimos aprazar as actividades formativas programadas desde o día de onte.

Iremos informando das novas datas dos cursos, que serán decididas en función da evolución da situación actual e comunicadas coa debida antelación. Lamentamos as molestias que esta decisión poida ocasionar e agradecemos a vosa comprensión. Indicar así mesmo que seguimos á vosa disposición na sede do Colexio, pero recomendamos que, salvo que sexa imprescindible, contactedes connosco a través do teléfono: 981154325 ou do mail:  para o Colexio da Coruña; 988214844 ou colourense@economistas.org para Ourense; 986222212 ou pontevedra@economistas.org para o Colexio de Pontevedra. Desde os Colexios queremos ademais mandar unha mensaxe de ánimo e alento, e recomendamos actuar en todo momento seguindo as instrucións das diferentes administracións e institucións competentes.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade