Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

50 Aniversario dos Estudos de Economía en Galicia

Fonte: Consello Galego de Economistas

07/02/2018

Nova: 50 Aniversario dos Estudos de Economía en Galicia

Galicia celebra este curso o 50 aniversario dos estudos de economía na súa universidade. O curso 1967-68, hai medio século, foi o da apertura do centro compostelán, fito que serve como punto de partida destes estudos no país.

Dada a importancia e transcendencia desta efeméride, o Consello Galego quíxose sumar como colaborador a este aniversario.

Ao longo de todo este curso 2017-18, un programa con numerosas actividades fomentará o debate ao redor da disciplina e porá en valor a traxectoria da Facultade compostelá.

Algúns dos actos programados que terán lugar proximamente son os seguintes:

- V Atopo Internacional de Mozos Emprendedores (Vigo 22-23 marzo)

- Congreso 50 anos de economía de Galicia (12-13 de abril)

- Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (31 de maio e 1 de xuño)

- X Olimpíada Española de Economía (25, 26 e 27 de xuño)


Na Web http://50aniversarioestudioseconomiagalicia.gal/es/ pódense atopar todos os detalles destes actos así como de todas as noticias xeradas a partir deste Aniversario.

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade