Logotipo do Consello Galego de Colexios de Economistas
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

O Consello Xeral de Economistas presentou o Índice de Competitividade Rexional 2017

Fonte: Colexio de Economistas de A Coruña

02/02/2018

Nova: O Consello Xeral de Economistas presentou o Índice de Competitividade Rexional 2017

Editado polo citado Consello, polo Colexio de Economistas da Rexión de Murcia e polo Consello Económico e Social desta mesma Comunidade Autónoma, o pasado 18 de xaneiro foi presentado este estudo que certificou que a competitividade das comunidades autónomas recuperou os niveis previos á crise, debido fundamentalmente a catro factores: contorna económica, contorna empresarial, capital humano e innovación. 

O Índice de Competitividade Rexional (ICREG) elaborouse para as 17 Comunidades Autónomas no período 2008-2016 (o que posibilita analizar a desigual incidencia das fases do ciclo económico sobre a competitividade) a partir de 53 variables ou indicadores estruturados ao redor de sete eixos competitivos que permiten identificar as fortalezas e debilidades competitivas: contorna económica, capital humano, mercado de traballo, contorna institucional, infraestruturas básicas, contorna empresarial e innovación. 

 Segundo o Índice de Competitividade Global 2017-2018 elaborado polo World Eco­nomic Forum âcentrado en medir o dinamismo das distintas economías do mundoâ, o noso país ocupa o posto 34 dun total de 137 países analizados, aínda que obtén a súa mellor puntuación desde 2009. 

Aínda que España avanzou neste sentido (no ecuador da gran recesión, ano 2011, chegou a colocarse na posición 42), existen elementos que poderían axudar a mellorar a posición de España nesta clasificación. Un fundamental é o incremento da competitividade das rexións que a compoñen, xa que âcomo sinalou o presidente do Consello Xeral de Economistas, Valentín Pich, durante a presentación deste estudoâ âo grao de autonomía e a capacidade de decisión que teñen as Comunidades Autónomas para impulsar o crecemento económico e o benestar dos cidadáns coadxuvan nun importante grao de influencia na competitividade do paísâ. Segundo Pich, âa posta en marcha de medidas de política económica encamiñadas a mellorar a competitividade pasa por profundar na análise das áreas que determinan a capacidade real das distintas rexións dun país, xa que un maior coñecemento das mesmas favorecerá a xeración de propostas (públicas e privadas) nos diferentes ámbitos de actuaciónâ. 

Pola súa banda, Irene Garrido, secretaria de Estado de Economía e Apoio á Empresa, destacou que contar con índices como este enriquece âa información necesaria para o adecuado deseño dunha política económica que impulse a competitividade, factor esencial para garantir o crecemento a medio e longo prazoâ. Ademais, sinalou que âos resultados do informe presentado son moi positivos, xa que entre 2008 e 2016 obsérvanse melloras de competitividade en practicamente todas as Comunidades Autónomasâ.

 

Entre as principais CONCLUSIÓNS deste estudo atópanse as seguintes: 

·         Os valores mínimos obtéñense maioritariamente no ano 2009, mentres os máximos alcánzanse no último ano do período (2016).

·         Ao longo do período considerado hai unha mellora xeneralizada do ICREG. España en conxunto mellorou as súas bases competitivas.

·         A clasificación por niveis e a análise dinámica evidencian unha clara melloría da competitividade global no conxunto do período, particularmente intensa na actual fase expansiva. A evolución do ICREG ten un marcado carácter cíclico.

·         Na fase de crise, os eixos 3 (mercado de traballo), 5 (infraestruturas básicas) e 1 (contorna económica) rexistran as maiores perdas, contribuíndo negativamente en todas as CCAA. Os eixos 2 (capital humano) e 7 (innovación) melloran de forma ininterrompida os seus resultados, sendo os únicos que en todas as comunidades contribúen positivamente.

·         Entre 2013 e 2016, seis do sete eixos, ademais do ICREG, melloran os seus resultados. Os eixos 1 (contorna económica), 3 (mercado de traballo) e o ICREG experimentan os incrementos máis significativos. Estes dous eixos son agora os que contribúen positivamente en todas as CCAA.

·         En 2016, catro do sete eixos (capital humano, innovación, contorna empresarial e contorna económica) xunto ao ICREG, alcanzan valores claramente superiores aos de 2008. Os eixos de mercado de traballo e infraestruturas básicas, aínda avanzando, aínda lles falta percorrido para recuperar os valores previos á crise. Os eixos de capital humano e innovación son os que presentan un mellor comportamento respecto de 2008.

·         Ao longo do período 2008-2016, a mellora das bases competitivas susténtase na contribución positiva dos eixos 1 (contorna económica), 2 (capital humano), 6 (contorna empresarial) e 7 (innovación), que compensa a menor contribución dos eixos 3 (mercado de traballo) e 5 (infraestruturas básicas).

 

 

O contido íntegro do Índice de Competitividade Rexional 2017 atópase dispoñible para a súa descarga na Biblioteca Web (cartafol Consello Xeral).

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade